La luz de la tormenta. A reivindicación da muller

Venres, 01 Xullo 2022 19:30
Salón de plenos Concello de Cangas
  • Procedencia: Euskadi
  • Imparte: María Morales Carson
  • Tipo: Charla, presentación libro

O medo é unha das emocións que somete ao ser humano e moitas mulleres do S.XXI, de calquera idade, aínda albergan medo sobre as súas propias capacidades e habilidades.

A autora utiliza o libro como ferramenta para conectarse coas mulleres e alentalas a xestionar ese medo que as paraliza e a importancia de respectarse como persoa.

A protagonista, Hannat, unha moza que sufriu abuso, ten que asumir e superar a dor do dó (polo abuso) e, xunto ao personaxe masculino, afrontar este paso de evolución persoal, outro dos eixes sobre os que se vertebra a novela e a charla. 

“La teoría de la elección” un plan de traballo do psiquiatra norteamericano, William Glasser introdúcese na conferencia para darlle axilidade e un punto de vista singular á traxectoria dos personaxes e d@s asistentes.

A pintura barroca e o talento da protagonista conforman outro foco no que se apoia a autora para dar solucións á xestión dos medos, a quererse, a darse prioridade. 

A presentación amosará cadros de mulleres artistas do Século de Ouro e outras épocas para visibilizar a súa pintura, o muro que ergueu a historia diante da profesionalidade das mulleres.

María Morales Carson (Donostia. Gipuzkoa)

Traballou dez anos en distintos medios de comunicación (Radio Euskadi, El Mundo del País Vasco, Agencia EFE, EITB). Máis tarde dedicouse á coordinación de gabinetes de prensa. 

Compaxinou o seu traballo en comunicación e coordinación de eventos culturais coa escrita de contos e da súa primeira novela, “Los hombrecillos del Valle de Canfranc”.

Combina a dirección do gabinete de prensa, Carson Comunication, coa corrección de estilo de libros e a creación literaria. Escribiu varios relatos, guións para cortos e a súa segunda novela  “La consciencia del tiempo”. Agora presenta o seu terceiro libro: “La luz de la tormenta”.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.