María Casares. A patria do teatro

María Casares. A patria do teatro

Sábado, 09 Xullo 2022 19:30
CENTENARIO MARÍA CASARES. UNHA VIDA EN ACCIÓN | Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: María Lopo
  • Tipo: Conferencia

María Casares declarou que cando se está exiliada unha vez, estase exiliada para sempre, e engadiu que a experiencia do exilio nos ensina que as fronteiras non existen. No teatro atopou un lugar no que, quizais como no amor, non se coñecen as vertixes do exilio.

MARÍA LOPO. Doutora en Literatura Francesa pola Universidade Rennes 2, catedrática de ensino secundario de francés, ensaísta e tradutora. Publicou dez libros e máis de sesenta artigos, estudos e traducións nos que aborda, entre outros temas, a poesía bretoa, a poesía francófona, o surrealismo, o celtismo literario, a relación entre literatura e identidade, o sexismo na didáctica da lingua francesa ou as culturas do exilio republicano nas súas conexións francesas.

Especialista na figura de María Casares, disertou sobre ela en numerosas ocasións, tanto en Francia como en Galicia. Publicou unha decena de artigos sobre a súa vida e obra. Dedicoulle o texto teatral O meu nome é María Casares (2007), adaptado por Sarabela Teatro como María Casares. A vida triunfante (2008). Editou a correspondencia intercambiada co seu pai Santiago Casares Quiroga: Cartas no exilio (2008) e publicou a monografía sobre as súas conexións galegas O tempo das mareas. María Casares e Galicia (2016; segunda edición revisada en 2022). En 2022 publicarase a súa edición anotada de Residente privilegiada, a tradución española das memorias da actriz, na Editorial Renacimiento.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.