Mocos

Venres, 02 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: CONTRAPRODUCIÓNS
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Cándido Pazó
  • Autoría: Cándido Pazó
  • Destinado a: Público Adulto
  • Presentación: 2020
  • Duración: 80'

A Compañía

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Sinopse

Un divertimento teatral que, neste atribulado tempo no que a escola é un dos ámbitos eivados polo COVID, xoga coa memoria herdada dese mundo que, a gusto ou a desgusto, todos habitamos algún día.

Ficha artística

  • Escrito, dirixido e interpretado por Cándido Pazó
  • Música orixinal e espazo sonoro Manuel Riveiro
  • Iluminación e técnico en escena Afonso Castro
  • Escenografía, vestiario e atrezo Carlos Alonso
  • Colaborador no atrezo Dani Trillo

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.