Obradoiro País

Mércores, 07 Xullo 2021 16:00
Casa da Cultura, do 7 ao 10 de xullo: | Mércores: 16:00-20:00h. | Xoves e venres: 10:00-14:00h. e 16:30-18:30h. | Sábado: 10:00-14:00h.
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: A Quinta do Cuadrante e Incendiaria
  • Tipo: Obradoiro de Teatro Biográfico

Neste mundo globalizado, que significado outorgamos á palabra “país”? Podemos sentirnos identificadas con esa palabra? Onde radica a nosa identidade? Que reaccións provocan en nós os termos patria ou nación? Este obradoiro pretende ser un espazo no que reflexionar escenicamente de maneira individual e colectiva arredor de conceptos que poden resultar incómodos ou polémicos pola súa utilización por parte de distintos partidos políticos e / ou medios de comunicación. PAÍS nace do desexo de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante por investigar arredor do concepto de país, en conexión directa co proceso de posta en escena da peza A lúa vai encuberta, proxecto baseado na obra de Manuel María co que ambas compañías veñen de gañar o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

TITO ASOREY

Compaxina dende o ano 2000 a súa dobre faceta como actor e director de escena, tratando de establecer unha retroalimentación o máis frutífera posible entre estes dous oficios. Como director foi responsable das pezas Ai, Carmela, O Mundo Persistente, O Home Almofada, Perplexo, Resaca, O Empapelado Amarelo, Somos Criminais ou Fariña. Foi galardoado en tres ocasións co Premio Nacional “Buero” de Teatro Joven, co Premio María Casares á Mellor dirección de escena no 2015, e foi candidato en tres ocasións aos Premios Max, así como dúas veces ao Premio Nacional á mellor posta en escena outorgado pola Asociación de Directores de Escena de España.

VANESA SOTELO

Dramaturga, actriz e directora teatral. En 2010 obtén o Premio do Xurado do IV Certame ‘Diario Cultural’con Indoor e o XIII Premio JosepRobrenyocon Memoria do incendio. En 2011 acada o Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes e a súa obra Nome:Bonita recibe en 2018 o Premio Mondoñedo10 á Mellor obra teatral da década en lingua galega. Como directora e dramaturga os seus traballos foron presentados festivais internacionais de Galicia, Brasil, México, Colombia, Portugal ou Venezuela. Nos últimos anos combina o traballo creativo na compañía Incendiaria coa faceta como docente en diferentes entidades de Galicia e Portugal.

MELANIA CRUZ

Cofundadora da compañía A Quinta do Cuadrante, traballa como actriz en distintas compañías (ilMaquinario Teatro, Excéntricas, Contraproducións, CDG, Teatro de Adro, Escénate, Ainé). Debuta en audiovisual no filme A Esmorga. ProtagonizaDHOGS, Arima e Ons, e participa en Sicixia, Trote e María Solinha. Traballa nas series Urxencia Cero, Serramoura, Fontealbae Viradeira, e protagoniza o telefilme Contou Rosalía e a serie A Estiba. En 2016 recibe o premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista, no 2018 o Mestre Mateo a Mellor Actriz Protagonista, no 2019 o Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto e en 2020 o Premio Cinema Galego do FICBUEU á traxectoria profesional.

DAVIDE GONZÁLEZ

Como intérprete e músico ten traballado en diversas compañías como Baobab Teatro; o Centro Dramático Galego, EscénaTe, ilMaquinario, Galeatro ou Incendiaria.  Como compositor firma a b.s.o. de Quixotee Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón; O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Invisibles, Contos do Recreo e O mozo da última fila de Redrum Teatro; Ris, Ras!, Puño, Puñete! e Pum, pum!, de Baobab Teatro; Microspectivas dun marica millennial e Eila, de Incendiaria; Carabela e Muiñada, de Galeatro; O raro é que bailar sexa raro do Colectivo Vacaburra; e Especies Lázaro, da compañía Teatro Art´Imagem.

O obradoiro enmárcase dentro da colaboración da MITCFC co proxecto A lúa vai encuberta, gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.