Pandrama

Mércores, 29 Xuño 2022 20:00
Capela do Hospital
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Afonso Becerra de Becerreá
  • Tipo: Presentación libro e actuación teatral

Presentación do libro de pezas teatrais a cargo do propio autor, seguido da actuación de Alberte Bello interpretando “Ser Instagramer”, unha das escenas de Non obstante, Life is a Cabaret, as you know, que é unha das pezas que compoñen o libro.

“Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama.

O pandrama é totalizador. O prefixo “pan” e o substantivo “drama”, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se refire a unha epidemia global. O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos os dramas entran no mundo.

O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén.

Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.”

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.