Paxaros no cabo

Paxaros no cabo

Venres, 01 Xullo 2022 22:30
Pavillón Municipal de Romarigo
  • Compañía: Pistacatro. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Clara Gayo
  • Autoría: Clara Gayo, Belém Brandido
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2022
  • Duración: 70'

A Compañía

Pistacatro é a compañia e a productora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribue as súas propias produccións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras 16 anos dende a súa constitución, Pistacatro pretende continuar asentándose como a productora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural.

Sinopse

"Paxaros no cabo" é unha proposta multidisciplinar, onde a danza vertical convive coa música en directo e o audiovisual, así como con outras técnicas circenses, para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas propias casas e, emocionalmente, na separación e distancia doutras persoas. Pista Catro propón en "Paxaros no Cabo" unha reflexión sobre as fronteiras entre o "fóra" e o "dentro", creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa. Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.

Ficha artística

  • Elenco: Aitor Garuz, Nacho Muñoz, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercé Solé
  • Idea orixinal: Belém Brandido/Pistacatro
  • Dramaturxia: Clara Gayo, Antón Coucheiro
  • Dirección de Produción: Belém Brandido, José Expósito. Pistacatro
  • Dirección de Movemento na Escena: Ruth Balvís
  • Coreografías Aéreas: Cia. Duelirium (Raquel Oitavén, Mercè Solé)
  • Música: Nacho Muñoz
  • Canción: José Díaz
  • Audiovisual: Marta Valverde
  • Iluminación/Escenografia: Baltasar Patiño
  • Asistencia Rigging e Estructuras Escenografia: SACAFERRO
  • Deseño Imaxe: Juan Gallego
  • Fotografias: Rubén Vilanova
  • Vídeo: Tamboura Films
  • Redes: Paulina Funes
  • Oficina: Beatriz López
  • Coa colaboración da MITCF, o Concello da Baña e AGADIC
  • Agradecementos: Clotilde Vaello, Angélica Riego, Concellos de Santiago e Negreira, Circonove.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.