Poeta nas ondas. Lino Braxe

Poeta nas ondas. Lino Braxe

Venres, 24 Xuño 2022 19:00
Auditorio Municipal de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Homenaxe

LINO BRAXE. MUGARDOS 1962-A CORUÑA 2020

Queremos celebrar a obra de Lino Braxe, un artista polifacético que entregou o seu talento ao teatro, á música, á pintura, á radio e, especialmente, á poesía... Sempre, con vitalidade e co seu inigualable sorriso.  

19.00H. INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DA OBRA PLÁSTICA E POEMAS VISUAIS de LINO BRAXE 
  • Do 24 de xuño ao 9 de xullo
  • Comisaria da exposición: MARÍA BRAXE, pintora. 
  • Inaugura, a Alcaldesa de Cangas, Dª VICTORIA PORTAS. 
19.30H. POEMAS GUARDADOS DE LINO BRAXE
  • Presentación do seu libro póstumo Poemas Guardados (Medulia Editorial).
  • ALEXANDRINA F. OTERO, filóloga. Encargada da recompilación dos poemas.
  • XULIO VALCÁRCEL, escritor e editor.
20:00H. POETA NAS ONDAS. ESPECTÁCULO POÉTICO MUSICAL

Imos celebrar a súa vida do mesmo xeito que Lino a celebrou, con xenerosidade e cun enorme sorriso até o seu derradeiro suspiro. Farémolo con música, teatro e poesía, da man de amizades, amores e artistas: 

  • DANIEL BEIRAS. Arquitecto e debuxante.
  • ISABEL BLANCO. Actriz. 
  • JUAN IGNACIO BORREGO. Actor de dobraxe.
  • Caricia da Serpe: RÓMULO SANJURJO, MIGUEL LADRÓN DE GUEVARA “MIGUELÓN” e XOSÉ LUÍS SAQUÉS. Músicos. 
  • MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO. Poeta.
  • SOFÍA FERNÁNDEZ BRAGE. Música.
  • ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL. Poeta.
  • AMALIA GÓMEZ. Actriz.
  • SOL MARIÑO. Artista multidisciplinar.
  • REBECA MONTERO. Actriz.
  • BRAIS MORÁN. Músico.
  • VÍCTOR MOSQUEIRA e JOSITO PORTO. Músicos e pallasos.
  • MIGUEL PERNAS.  Actor.
  • REVISTA LUZES.
  • CARMEN SILVA PAULO DE ARAGAO. Actriz.
  • MANUELA VARELA. Actriz.
22.30h. EUROVISIÓN: O FAKE SHOW de Lino Braxe.
  • Compañías, MANARTE e BUCANERO  
  • Intérpretes: SABELA HERMIDA, XOSÉ BONOME e PEDRO PICOS.
  • Dirección: REBECA MONTERO 

 

BIOGRAFÍA

LINO BRAXE, nado en Mugardos o 18 de Xuño de 1962, foi un artista polifacético e multidisciplinar. Dende moi novo, destacou polo seu talento, madureza e intelixencia privilexiada. Sen dúbida é un dos referentes contemporáneos máis importantes para a cultura e a lingua do país. Practicou case tódalas disciplinas artísticas e foi un dos intelectuais máis salientables da súa xeración: Actor, locutor, director, dramaturgo, actor de dobraxe, pintor, músico, escritor, poeta…

No ámbito escénico desenvolveu un importante labor tanto como dramaturgo, actor e director de escena como de teatro radiofónico.  Foi un dos principais impulsores da creación dos Premios María Casares, que veñen de cumprir o seu 25 aniversario, aos que estivo nomeado durante anos en diferentes categorías.

Lino nace como actor en 1985 na Cía. Luís Seoane e destaca o seu paso polo Centro Dramático Galego, onde deu vida a maioría das súas personaxes. Ademais de no teatro, foi actor no cinema, na televisión e na dobraxe, onde traballou dende 1990  ata o seu falecemento.

Como escritor conta cunha extensa produción en ensaio, obra narrativa, literatura infantil e xuvenil e dramaturxia (moita creación aínda inédita). Pero, sen dúbida, no que principalmente destaca é como poeta, sendo un dos representantes principais da chamada xeración dos 80.

No ámbito xornalístico, a radio foi un punto clave na súa traxectoria, durante 10 anos traballou para Radio Nacional Española, onde foi director de programas, director de informativos e xefe de programación, tamén chegou a ser comentarista político na Cadena Ser e, en canto a prensa escrita, colaborou na maioría dos medios galegos e, a nivel estatal, nos diarios El País e El Mundo. Cabe destacar, tamén, que foi fundador e formaba parte do consello de redacción da revista Luzes.

Realizou unha extensa obra pictórica, paixón herdada do seu pai e, no eido da música conta cunha importante discografía. Formou parte de grupos como “Caricia da Serpe” e “Avenida Atlántica”. 

Foi director e profesor nos inicios da Escola de Teatro de Narón. Nos últimos tres anos, foi o director do grupo de teatro da  Agrupación Alexande Bóveda, e un dos impulsores do Memorial Ibán Toxeiro, encontro do teatro profesional co teatro amador galego.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.