POI

POI

Martes, 05 Xullo 2022 20:30
Xardíns do Señal
  • Compañía: Cia. D'es Tro
  • Procedencia: Baleares
  • Dirección: Guillermo Vizcaíno Llobera
  • Autoría: Guillermo Vizcaíno Llobera
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2021
  • Duración: 45'

A Compañía

En 2019, Guillem Vizcaíno, cunha longa traxectoria como malabarista e manipulador de obxectos, crea a compañía D'es Tro coa inquietude de descubrir unha linguaxe propia e experimentar novas formas de posta en escena. Investiga na manipulación de novos materiais como a buxaina e atopa un xeito propio de facer e de actuar, con carácter e orixinal. Actualmente é campión mundial de estilo libre de manipulación de buxainas.

Sinopse

É a historia dun home rural atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida". Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxectivo deste espectáculo de carácter contemporáneo. 

Ficha artística

  • Idea orixinal: Guillem Vizcaíno
  • Dirección e interpretación: Guillem Vizcaíno
  • Mirada externa: Tomeu Amer, Biel Jorda e Roberto Magro
  • Deseño de luces: Jaume Miralles
  • Técnico de son e iluminación: Jaume Miralles
  • Deseño e creación de buxainas: Guillem Vizcaíno
  • Deseño e creación da escenografía: Guillem Vizcaíno
  • Colaboración na construcción da escenografía: Andy Hughes e Gregorio Vizcaíno
  • Autor musical: Jaume Compte
  • Vestiario: Artesanias Greca
  • Fotografías: Mai Ibargüen, M.Eugenia Canyelles, Pau Caracuel
  • Vídeo: Pau Caracuel
  • Produción: Cia. D'es Tro / Kandengue

Destaques

  • "Premio Especial ATAPIB 2021" (Asociación de Teatros e Auditorios Públicos das Illas Baleares).
  • Obtén o 1º posto no World Spintop Contest (Campionato Mundial de Buxaina) onde competía cunha centena de participantes de 22 países.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.