Pregón inaugural por Clara Gayo

Pregón inaugural por Clara Gayo

Venres, 24 Xuño 2022 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Pregón

CLARA GAYO. Vigo 1971.

ACTRIZ. AUTORA. DIRECTORA DE ESCENA.

Dramaturxia e textos publicados

Fai parte xunto con Carlos Santiago e Zé Paredes do colectivo “G.O.D Flavia Antonia (Grupo Oportunista de Drama)” desde o ano 2017. Froito deste experimento de escrita a tres mans xurdiron “Acto de hixiene” (2017), “Poetas Suicidas” (2018) e “Á Mesa!” (2019)

Desde hai 12 anos, é directora da compañía de teatro amador “FarandOleiras Cabaré” para a que escribiu numerosos espectáculos.

Participou, así mesmo, no II Torneo de Dramaturxia (2018) organizado por La Zona Teatro en colaboración co Teatro Español con “As boas actrices”.

Participou no II Torneo de Dramaturxia Galega no marco da MITCFC en colaboración con DramaturGA coa peza: “Con fabulación” Que no 2020 foi editada por Edicións Positivas xunto co resto de participantes da edición, nun volume da colección que esta Editora acaba de emprender cos textos participantes no Torneo.

No 2017 foi seleccionada para participar na comitiva de escritoras e escritores de Compostela que acudiron á 42a edición da Feira Internacional do Libro celebrada en Bos Aires.

No 2015 gaña o Premio do Xurado da IX Edición do Premio de Teatro Radiofónico do programa “Diario Cultural” da Radio Galega, con “Evasión” e no ano 2017 (XI edición) é finalista con “Proxecto Tempo”.

No 2014 a Revista Galega de Teatro publica “Prohibido sufrir”. E, posteriormente, no 2019, a mesma revista edita “Micropezas”, unha compilación de 20 pezas curtas entre as que se atopa “Screenplay”, desta autora.

No 2010, Estaleiro Editora publica “Movidas” e “Razóns de peso”. No mesmo ano escribe “A mirada de Pier” para Nut Teatro.

En 2009 foi seleccionada para participar nos IV Encontros en Magalia de Creación Contemporánea organizados pola Rede de Teatros Alternativos co seu texto “Agorafobia: parálise sobre o medo” que autoeditou xunto con RedeNasa na colección “Ultratextos”.

Dirección e Dramaturxia: 

2022:“Paxaros no Cabo” Cía. Pista Catro. Dirección e Dramaturxia.

2021: “Gala do Día do Circo” e “Europa Verde” Cía Pista Catro. Dirección.

2020: “As boas actrices” Cía 3 en Coproducción coa MITCF de Cangas. Dirección e Dramaturxia.

2019: “Olimpo ́s” Cía FarandOleiras Cabaré. Dirección e Dramaturxia; “Gala do Día do Circo” e “Ferrol Mola!” Cía Pista Catro. Dirección.

2018: Gala de Circo “En Feminino Plural”. Cía Pista Catro. Dirección.

2015: “Pánico!” Cía FarandOleiras Cabaré. Dirección/Dramaturxia.

“Federica contra todos” Cía Clara Gayo, Sandra Lesta, Paula Sanmartín. Dirección/Dramaturxia.

2013: “Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes” Cía Clara Gayo, Rula Blanco, Rocío González. Dirección e Dramaturxia; “Un Cabaré de Película” Cía FarandOleiras Cabaré. Dirección e Dramaturxia.

2012: “Apocacripse” Cía FarandOleiras Cabaré. Dirección e Dramaturxia

2011: “Área de Descanso”. Cía Gayo Pinheiro. Dirección e Dramaturxia. 

2009: “Agorafobia: Parálise sobre o medo” IV Encontros en Magalia. Rede de Teatros Alternativos. Dirección.

FORMACIÓN:

Curso de Especialización en Arte Dramática: Teoría e Práctica da Interpretación. Facultade de Filoloxía (Universidade de Santiago de Compostela). 1999 - 2000

Escola de Teatro e Danza "Espazo Aberto". Outubro 2000 - Xuño 2003

“Pistas para unha Dramaturxia de Actualidade (I, II III) Centro Dramático Galego. Tempadas 2006- 2007, 2007- 2008, e 2008 -2009.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.