Premio Mulleres en Acción 2022

Martes, 05 Xullo 2022 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Procedencia: Galicia

A SABELA MANEIRO, AIDA TARRÍO E OLAIA MANEIRO, TANXUGUEIRAS

Polo impacto social da súa música e do seu discurso, abertamente feminista, que pon en valor e recoñece ás cantareiras e pandeireteiras, auténticas artífices do canto tradicional galego, sempre ligado ás raices e ás mulleres do rural, que transmitiron e legaron un patrimonio cultural coa voz e a pandeireta, un instrumento aínda hoxe desvalorizado.

Polo seu compromiso coa linguaxe inclusiva, coa sororidade e coa reinterpretación das coplas populares con perspectiva de xénero en todas as súas actuacións públicas.

Tanxugueiras son, ao tempo, un reflexo das mozas deste século e un referente indiscutible para a mocidade.

Un referente musical de mulleres feministas e empoderadas.

Auténticas Mulleres en Acción.

TANXUGUEIRAS son Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, tres cantareiras que reinterpretan os sons populares dunha tradición milenaria fusionándoos con ritmos urbanos máis próximos ao trap ou á electrónica.

Coa súa enerxía, empoderamento e as súas contundentes voces, recollen e revisan o legado das mulleres pandeireteiras que mantiveron viva a música tradicional galega para lanzarllo de novo ao mundo cun estilo propio e innovador, coñecido como trad, e cunha forza ancestral que as levou a triunfar nos escenarios de diversos países.

Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras non hai fronteira.

RECOÑECEMENTOS E MENCIÓNS
  • Premio Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2022 (Mellor videoclip por FIGA).
  • XIX Premios La Opinión de Música de Raíz 2020 (Mellor adaptación dunha peza tradicional).
  • World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music, maio 2020).
  • Premios Martín Códax da Música 2019 (Mellor grupo de Música tradicional e folk).
  • Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal 2019 (Mellores Músicas de Galiza, 2019).
  • Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2019 (Finalistas Mellor videoclip por Perfidia).
  • Scots Trad Music Awards 2019 (Finalistas Mellor vídeo con Shooglenifty).
  • Premios MIN de la Música Independiente 2019 (Finalistas Mellor álbum galego).
  • Premios MIN de la Música Independiente 2018 (Mellor álbum galego).

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.