Premio Xiria ao Labor Teatral 2021

Sábado, 10 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas

PREMIO XIRIA AO LABOR TEATRAL A CAMILO FRANCO

A organización da XXXVIII MITCFC concede o Premo Xiria ao Labor Teatral ao narrador, xornalista e crítico teatral, Camilo Franco, en recoñecemento ao seu importante labor como xornalista cultural e, particularmente, polo exercido como crítico teatral en xornais e medios de comunicación de Galicia e co que demostrou, ao longo de tantos anos, un empeño extraordinario por dignificar o teatro galego. Un labor que, ao noso entender, contribuíu de xeito indiscutible á normalización e profesionalidade da crítica teatral no noso país.

Camilo Franco. Ourense, 1963.

Escritor nas súas mais variadas ocupacións: xornalista, crítico teatral, narrador.

Libros: A lúa no cénit, En malos pasos, Por Conto Alleo, Palabras Contadas, Dez Obras na vida de Vidal Bolaño, Balada triste de moqueta

Libros en rede: Por conto alleo, Necesariamente X, Balada triste de moqueta.

Traballos con públicos: Matar un conselleiro, Queres ser arte contemporánea? Queres ser ou non ser un personaxe de teatro?

Foi crítico teatral en: La Voz de Galicia, Diario Cultural da Radio Galega, Radio Voz, Televisión de Galicia, Erregueté.

Espectador en máis de 2000 obras teatrais.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.