Ritos de amor y guerra

Venres, 09 Xullo 2021 22:30
Auditorio Municipal de Cangas
  • Compañía: Comando Señoras
  • Procedencia: Catalunya
  • Dirección: Alicia Reyero
  • Autoría: Creación colectiva
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2020
  • Duración: 50'

A Compañía

Comando Señoras é un colectivo formado por una vintena de mulleres de diferentes idades que propón unha relectura da muller en sociedade a través da ficción. Os nosos ámbitos de traballo son os espectáculos de teatro, as cápsulas audiovisuais e as accións de rúa.

Sinopse

Nun recuncho do imaxinario colectivo, reside a Señora por antonomasia. A que ten o segredo mellor gardado do caldo de Nadal. A que che cura o arrefriado cunha sopa de tomillo. A que che quita a quenda no supermercado, controla as mellores ofertas, cóidate, cocíñate, acompáñate... A que cala ou a que fixeron calar. A construída a partir dunha imaxe que poucas veces se corresponde coa realidade: la mala bruxa, a mala sogra, a alcaiota, a cubilleira, a viúva, a madrasta... A Señora é a sombra da cal non sabes nada. Agora todas estas "señoras" decidiron apropiarse da súa historia e organizarse. Hai moitas, están por todas partes. Saíron dese recuncho e despregaron a súa grandiosidade. Son un comando. Son bestas. Son bruxas. E están en guerra.

Ficha artística

  • Dirección e dramaturxia (a partir de textos das actrices): Alicia  Reyero.
  • Intérpretes: Lola  Armadàs,  Gisela  Arnao, Laura  Bernis, Gemma  Charines, Ana Chinchilla,  Rosa Devesa,  Laia  Falp, Adriana  Feito, Montse  Folgado, Aura  Foguet,  Joana  Herance, Maribel Martin, Laura  Martuscelli,  Ilona  Muñozm Alicia  Reyero, Carla Ricart,  Barbara Roig, Maria Roig,  Núria  Salvadó, Elena  Sandell, Cristina  Serrat,  Nina  Uyà.
  • Asesoría de movemento: Ariadna  Peya.
  • Deseño de iluminación:  Ganecha Gil.
  • Técnico: Alberto Manzano.
  • Asistencia de dirección:  Núria  Salvadó.
  • Fotografía: Noemí Elías.
  • Produción: Lola  Armadàs,  Laia  Falp.
  • Cartel: EntreMars
  • Unha produción de  Bloody  Mary  activisme  escènic. En colaboración coa  Bonne.

Destaques

“Todas están bastante fartas de que lles digan o que teñen que facer e como deben comportarse, que papel deben ocupar na realidade e, por se fora pouco, na ficción, onde se constrúe a identidade.” PEIO H. RIAÑO. ELPAIS.COM

“Unha montaxe que paga a pena descubrir e apoiar, no que as mulleres din as cousas polo seu nome e á cara, descobren as mentiras do patriarcado, rin, choran, indígnanse e amósannos a verdade espida, sen eufemismos, con valentía, braveza e argumentos sólidos. Imposible non escoitalas. O club das señoras segue en loita...” EDUARDO DE VICENTE. ELPERIODICO.COM

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.