Secretos de alcoba

Venres, 02 Xullo 2021 20:30
Adro Capela do Hospital
  • Compañía: Miss Beige
  • Procedencia: Madrid
  • Dirección: Ana Esmith
  • Autoría: Ana Esmith
  • Destinado a: Público Adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Duración: 90'

A Compañía

Ana Esmith, (Madrid, 1976),é licenciada en Periodismo pola UCM e diplomada en Arte Dramático, escola Philippe Gaulier, en Londres. A súa formación periodística e artística únense da man no eido da performance con Miss Beige, a súa primeira exploración nun traballo non verbal.

É un proxecto multiforme que nace en resposta á carencia de heroínas femininas non sexualizadas nin cousificadas no imaxinario colectivo. Isto comeza polo propio uso monocromo do "beige", unha cor aséptica coa que critica a obsesión polo retoque, o filtro e os mecanismos de autoengano que nos ofrecen os nosos dispositivos e aplicacións de imaxes.

Miss Beige constrúese a si mesma a través de imaxes onde se presenta como suxeito e obxecto, ou se se prefire, artista e modelo, un xogo para nada novo dentro das prácticas performativas desde comezos do século XX e ao que se acolleron tamén as prácticas artísticas feministas.

Sinopse

Un convite para coñecer a Miss Beige e deitarse con ela.

De novo, o espectador, que debe entrar en solitario ou en grupos reducidos, convértese en protagonista, tendo que interpretar a insinuación.

A vulnerabilidade do artista fronte a vulnerabilidade do espectador. 

Pero, quen mira a quen? 

Dependerá do espectador ata onde queira chegar cando se sinta provocado. Os límites ponos o espectador e as reflexións tamén pero xa é hora de poñer ao público, se así o desexa, nunha situación que non saiba controlar. O mirón tamén terá que xogar e arriscar. Hai moitos xeitos de xogar e ser xogado e Miss Beige coa súa presenza coloca ao espectador nunha posición de sorpresa sen escapatoria. 

E TI, ATRÉVESTE A SER BEIGE?

Ficha artística

  • Idea, creación e performer ANA ESMITH

Destaques

  • PREMIO ENCARNA DEL ARTE Á MELLOR PERFORMANCE 2020

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.