Sólo Eva

Sólo Eva

Sábado, 25 Xuño 2022 20:30 | Domingo, 26 Xuño 2022 20:30
Praza do Costal | Adro do Hío
  • Compañía: Caprina
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Isabel Morera Cáceres. Mirada externa: Alba Sarraute
  • Autoría: Isabel Morera Cáceres
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2019
  • Duración: 50'

A Compañía

O inicio da Compañía sitúase en 2010, cando viaxo á India para colaborar como Actriz e Pallasa no Proxecto da Fundación de Vicente Ferrer; é a partir de aí cando comezo a desenvolver proxectos propios (entre Barcelona, Valencia e Canarias) na procura de dar resposta ao impulso creativo e levando adiante creacións de diferente natureza, mais respondendo á mesma finalidade: a investigación e consolidación do meu xeito persoal de entender as Artes Escénicas en particular, o Teatro Físico e Creativo, e dentro deste, á vez, a Arte da Pallas@ e o meu propio discurso e/ou imaxinario como Pallasa. O nome de CAPRINA propiamente, que a designa na actualidade, instaurase en 2018 con motivo da determinación a crear, dirixir e interpretar o meu primeiro Unipersoal Solo Eva. Durante o 2021, e como froito do LAB ICC (un Laboratorio de Creación e Investigación Clown promovido pola Cia.) a compañía crea, dirixe e presenta V·A·R·I·È·T·È·T·A·S, un espectáculo en formato Cabaré en clave de Clown para adultos. O pasado mes de xaneiro de 2022, a Compañía pre-estrea o seu último espectáculo (creación realizada xunto ao Escultor Miguel Ángel Morales, @morartebcn) titulado (la) F R O N T E R A. Proxecto seleccionado e gañador da Beca de Creación e Investigación Teatral do Espazo Cultural El Secadero. Área de Cultura do concello de Los Llanos de Aridane- La Palma Novembro-Decembro 2021.

Sinopse

Esta Pallasa hoxe é Eva. Unha Eva Contemporánea de Carne e Osos; sen Pecado Orixinal e con Mazá Trincada; sen Adán e con Pío (o seu devezo de Liberdade). Esta Eva, amosaranos a súa cotiandade -que é tamén a de todas- para desde aí; nomear o inusual, renomearse e -xuntas- redescubrir o Paraíso. 

Ficha artística

  • Creación, Dirección e Interpretación: Isabel Morera
  • Mirada Externa: Alba Sarraute
  • Escenografía: Miguel Ángel Morales
  • Vestiario: Caprina
  • Fotografía: Eulàlia Prat, Paula Fuentes
  • Deseño Luces: Sandra Caballero
  • Vídeo: Julián Waisbord
  • Inspiración Musical: Charles Chaplin

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.