TEATRAGAL 25 anos despois

Xoves, 08 Xullo 2021 16:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal | de 16:30 a 20:00h
  • Tipo: Encontro

Van 25 anos desde a estrea de Terra de Lobos, 1ª coprodución de Galicia e o norte de Portugal (Teatro do Noroeste de Viana do Castelo e Teatro de Ningures de Cangas) que deu lugar ao 1º Teatragal, espazo de reflexión, de diálogo e de intercambio de experiencias. Foron encontros de ida e de volta: no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo. Estes Encontros propiciaron e favoreceron posteriores proxectos compartidos e experiencias comúns que durante anos contribuíron á consecución dunha maior irmandade teatral.

25 anos despois, queremos ser anfitrións dun novo Encontro que nos permita retomar ese espazo común de diálogo e de reflexión.

TEMAS

  • A RELACIÓN DE  GALICIA CO NORTE DE PORTUGAL 
  • A CREACIÓN ESCÉNICA NESTES 25 ANOS

PARTICIPAN 

  • Elisabete Pinto. Actriz. Directora de Teatro do Noroeste de Viana do Castelo (CDV)
  • Ricardo Simoes. Director artístico de Teatro do Noroeste de Viana do Castelo (CDV)
  • Rui Madeira. Director da Companhia de Teatro de Braga
  • José Leitao. Director, actor do Teatro Art’Imagem de Porto
  • Pepa Barreiro. Actriz (Teatro de Ningures)
  • Chelo Pampillón. Presidenta de FEGATEA
  • Camilo Franco. Escritor e crítico Teatral
  • Carlos Santiago. Dramaturgo, director e actor
  • Luma Gómez. Actriz. Teatro do Noroeste
  • Fran Núñez, director do Centro Dramático de Galicia (CDG)
  • Manuel Xestoso. Escritor, tradutor e crítico teatral        
  • María Barcala. Actriz. (Teatro do Atlántico)
  • Marta Pazos. Directora, dramaturga, escenógrafa, vestuarista e intérprete. (Voadora)
  • Xesús Ron. Director e actor. (Grupo Chévere) 
  • Zè Paredes. Dramaturgo, director e actor

MODERA

  • Manuel F. Vieites,  Investigador

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.