Water Falls

Sábado, 10 Xullo 2021 20:30
Xardíns do Señal
  • Compañía: La Mecànica & MimePrague
  • Procedencia: Baleares/República Checa
  • Dirección: Radim Vizváry
  • Autoría: Pau Bachero, Radim Vizváry, Joan Vila
  • Destinado a: Público familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2018
  • Duración: 35'

A Compañía

La Mecànica é unha compañía e produtora de artes escénicas establecida en Mallorca, que traballa e colabora transversalmente con artistas nacionais e internacionais, arredor do teatro de movemento e visual en todas as súas formas. Está formada por Pau Bachero e Jenny Vila, ambos cunha dilatada experiencia no eido da produción e a creación a nivel nacional e internacional. En 2015 estrean "De nuevo un instante tan breve", Premio Mejor Espectáculo NOCHES FETEN 2016, coproducida con Théâtre du Mouvement. En 2018 estrean na República Checa "Water Falls", un espectáculo de teatro físico de rúa, coproducido coa compañía MimePrague. En 2020 en plena pandemia producen o seu terceiro espectáculo "Las Pequeñas Cosas", en coprodución co Teatre Principal de Palma. 

Sinopse

Un só cun compoñente calamitoso. Teatro de rúa e teatro físico fusiónanse nunha peza onde o soño dun artista orgulloso convértese nun pesadelo, a medida que os elementos e o público se involucran, levándoo de arriba abaixo en 30 minutos. Rodeado de decenas de cubos, os problemas medran cando se dá de conta que a gravidade sempre gaña, e que, cando menos o desexas, a auga cae.

Ficha artística

  • Dirección e dramaturxia - Radim Vizváry 
  • Idea orixinal - Pau Bachero
  • Intérpretes - Pau Bachero y Joan Vila
  • Dramaturxia - Radim Vizváry
  • Música - Mon Joan Tiquat 
  • Concepto Visual - Pau Aulí 
  • Asesoría de movemento - Marta Gorchs 
  • Produción - Victoria Kersul y Ilona Hájková 
  • Produción Executiva - Jenny Vila

Destaques

  • Premio Mellor Espectáculo “NOCHES FETEN 2016” (Feira Europea de Artes Escénicas) por “DE NUEVO UN INSTANTE TAN BREVE”, coproducido por Théâtre du Mouvement.

Outros premios de Pau Bachero, director artístico de La Mecànica:

  • SENTINEL del Circ Bover, dirixida por Pau Bachero
  • Premio ATAPIB Mejor Espectáculo 2017 de las Islas Baleares
  • VINCLES del Circ Bover, dirixida por Pau Bachero
  • Premio FETEN 2016 Mellor espectáculo de rúa e espazos non convencionaiss
  • ZIRKÓLIKA Premio Mellor Espectáculo 2016 por votación popular 
  • Move Award Quality Label 2016 premiada por MOVE-A 
  • Premio ATAPIB Mellor Espectáculo 2016 das Isllas 
  • CIRC TRANSHUMANT do Circ Bover, dirixida por Pau Bachero
  • Premio Mellor Espectáculo 2014 da “Feria de Teatro de Castilla la Mancha” 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.