En 2008 aparece o primeiro modelo de teléfono intelixente. Este fito marca un novo xeito de relacionarnos (ocio, códigos de relación, formas de amosarnos ao mundo, de percibir e recibir a información, etc). As persoas nadas entón son os adolescentes de hoxe, a primeira xeración de nativ@s dixitais, con pais e nais que non o son. O cambio de paradigma é de tal magnitude e vai tan rápido que é imposible adiantar conclusións sobre seu impacto no xeito de relacionarnos. O que parece claro é que os e as nativas dixitais participan xa de toda unha cultura global. Se esta cultura apuntala as estruturas de poder máis conservadoras ou e a rede de cooperación que cambiará o mundo é algo que está por resolver.
Con AMANTIS investigamos nas linguaxes, posibilidades e servidumes da era das Redes Sociais. No sexting e no selfie como autorrepresentación. Na pegada de todo isto no intra e interpersoal.
TAMARA CANOSA, comezou na pequena pantalla nos noventa e dende entón traballou en decenas de series, películas e obras de teatro. Conta cunha ampla formación interdisciplinar e está especializada en materia de igualdade. Fundou con Xacio Barrio a empresa Rebordelos, coa que produciu e dirixiu LIBERTO, espectáculo cunha excelente acollida da crítica. No 2021 rodou con Icíar Bollaín e produce a primeira longametraxe de Rebordelos. AMANTIS é o seu segundo proxecto teatral.
CHIS OLIVEIRA, PRISCILA RETAMOZO, TAMARA CANOSA e COMANDO IGUALDADE