Facer visible o invisible. Un camiño de creación

Facer visible o invisible. Un camiño de creación

Mércores, 06 Xullo 2022 10:00
6 A 9 de Xullo. 10:00-14:00h Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Imparte: Cristina Samaniego
  • Tipo: Obradoiro
  • Duración: 16 HORAS

Aproximación física á preparación integral do/da actriz e a súa conexión coa creación. 

QUE É

Unha inmersión no traballo de preparación do/da intérprete poñendo o foco no desenvolvemento da expresión física e vocal, a claridade das accións físicas e a creación de composicións individuais. 

QUE FORMULA

O público le o corpo do actor/actriz en cada instante, frame to frame. Canto máis preciso e expresivo sexa este, máis crerá o público naquilo que o actor ve. Mais é imprescindible que a intérprete “vexa”, alén das palabras que memorizou e do espazo que a rodea ou os obxectos que utiliza. Precisa descubrir as intencións que garda o texto, desvelar ese precioso segredo e alimentar o seu imaxinario coas sensacións, emocións e razóns que precisa para activar corpo e mente como un todo capaz de expresar con precisión e eficacia todo ese mundo que foi descubrindo. Aprender a expresar o que hai antes das palabras para chegar á verdade da palabra. Este taller estuda como pode o actor facer máis visible o seu mundo interior dunha forma física, sen esquecer a verdade na composición das súas accións. 

COMO O FORMULA

Desenvolveremos unha serie de exercicios físicos e vocais unipersoais e de ensemble en formato intensivo investigando sobre os principios básicos de peso, espazo e tempo que aplicaremos ao uso do corpo e da voz, como ferramenta que che permita conectar a túa expresividade física e o teu mundo interior e que aplicarás ás túas accións tanto físicas como verbais sobre a escena. Exploraremos a resonancia da voz para axudarte a conectar coa expresión máis íntima da túa sonoridade. Deixar de sentir a voz como un simple son que reproduce palabras para sentila como un son que desvela emocións. 

OBXECTIVOS

  • Tomar conciencia clara do nivel de resposta do teu corpo e da túa voz.
  • Cambiar hábitos adquiridos que poidan estar minguando a túa capacidade expresiva. 
  • Adquirir claridade física e mental nas túas propostas. 
  • Estimular o fluxo creativo. 

BIOGRAFÍA CRISTINA SAMANIEGO 

Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada Superior pola “Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid”, R.E.S.A.D. e Diplomada en Xeografía e Historia pola Universidade de Cantabria, en 1990 comeza unha ardua investigación sobre a linguaxe escénica e pedagoxía teatral. Entre 1990 e 1997, membro da Cía. de Teatro Contemporáneo Atalaya é cofundadora do Laboratorio Internacional de Teatro T.N.T. (Sevilla), realizando unha intensa actividade actoral en festivais internacionais de oito países, como o Festival Internacional de Teatro de Londrina (Brasil), o Festival Internacional FITEI de Porto (Portugal), o Festival Internacional da Habana (Cuba) ou o Melbourne Theatreworks (Australia). Paralelamente desenvolve o seu propio proxecto de investigación sobre pedagoxía teatral dirixindo programas de formación de longa duración dentro do laboratorio TNT e formulando diversos enfoques intensivos sobre o estudo da Dramaturxia do Movemento, o Training Psicofísico e Vocal do actor e a Expresión Verbal noutros centros públicos e privados como as Universidades de Pontevedra, Cantabria, Málaga, Oviedo, A Habana en Cuba ou a Universidade Internacional Menéndez Pelayo UIMP, a Escola de Teatro do Pazo de Festivais de Cantabria, a Escola de Arte Dramático de Getxo (Biscaia), a Escola de Arte Dramático de Melbourne, Australia ou a Escola Libre de Interpretación de Madrid. Todo o seu labor pedagóxico culmina no TEATRO TOTAL, un novo xeito de entender o feito escénico desde a formación do/da intérprete ata a creación escénica que se plasma na dirección de proxectos culturais internacionais como “Teatro del s. XXI. “Los puentes de la voz” (2010-2012), “Semillero” (20122015) e “La Espiral Contemporánea” Encontro Internacional de Novos Coreógrafos coa colaboración do Centro de Prácticas Teatrais Gardzienice (Polonia), a Fundación Mickiewic de Varsovia, a Institución Culture Ireland e a Fundación Santander Creativa. Obtivo os premios ao mellor espectáculo teatral no IV Certame de Novos Investigadores Teatrais CENIT 2012 e á mellor dirección no II Certame Iberoamericano de Teatro Cidade de Trujillo polo espectáculo "El Mar Dulce". Actualmente dirixe o Laboratorio de Investigación Escénica Espacio Espiral en Santander, engadindo un novo enfoque ao seu labor pedagóxico e de investigación en Teatro Total: un novo modo de pedagoxía teatral e a súa aplicación á Educación en Primaria e Secundaria.

PRAZO DE MATRÍCULA

  • INICIO: LUNS 13 XUÑO ás 00:00H.
  • REMATE: XOVES 23 de XUÑO ás 14:00H.
  • PREZO: 70 €

INSCRICIÓN OBRADOIRO: FACER VISIBLE O INVISIBLE. UN CAMIÑO DE CREACIÓN

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.
We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.