O medo é unha das emocións que somete ao ser humano e moitas mulleres do S.XXI, de calquera idade, aínda albergan medo sobre as súas propias capacidades e habilidades.
A autora utiliza o libro como ferramenta para conectarse coas mulleres e alentalas a xestionar ese medo que as paraliza e a importancia de respectarse como persoa.
A protagonista, Hannat, unha moza que sufriu abuso, ten que asumir e superar a dor do dó (polo abuso) e, xunto ao personaxe masculino, afrontar este paso de evolución persoal, outro dos eixes sobre os que se vertebra a novela e a charla.
“La teoría de la elección” un plan de traballo do psiquiatra norteamericano, William Glasser introdúcese na conferencia para darlle axilidade e un punto de vista singular á traxectoria dos personaxes e d@s asistentes.
A pintura barroca e o talento da protagonista conforman outro foco no que se apoia a autora para dar solucións á xestión dos medos, a quererse, a darse prioridade.
A presentación amosará cadros de mulleres artistas do Século de Ouro e outras épocas para visibilizar a súa pintura, o muro que ergueu a historia diante da profesionalidade das mulleres.
Traballou dez anos en distintos medios de comunicación (Radio Euskadi, El Mundo del País Vasco, Agencia EFE, EITB). Máis tarde dedicouse á coordinación de gabinetes de prensa.
Compaxinou o seu traballo en comunicación e coordinación de eventos culturais coa escrita de contos e da súa primeira novela, “Los hombrecillos del Valle de Canfranc”.
Combina a dirección do gabinete de prensa, Carson Comunication, coa corrección de estilo de libros e a creación literaria. Escribiu varios relatos, guións para cortos e a súa segunda novela “La consciencia del tiempo”. Agora presenta o seu terceiro libro: “La luz de la tormenta”.