E se espertásemos un día e as Cíes fosen tres illas de plástico no medio da ría…
Dende este horizonte anímico, distópico e improbábel, mais non imposíbel (nos océanos flotan xa cinco xigantescas illas de lixo…), dialogaremos con tódolos seres que “navegan” entre plásticos para tentar reciclar, vía imaxe e palabra, unha realidade en situación de emerxencia.
PEIXIFICADXS, conversas con policarbonautas, propón pararse un intre fronte ó mar e compartir, rir, imaxinar, trocar miradas... e transformar o que temos diante dos ollos: fotografía, vídeo e poesía de usar e non tirar para tentar albiscar un futuro mais azul e escintilante...
…Certo que virar o temón das cousas non é doado, pero como dicía o poeta: Navegar é preciso…
SUSANA REY. Doutora en arte. Guionista e realizadora premiada en Brasil, Xapón, Cataluña, México, Galicia. O seu traballo exhibiuse en numerosos festivais (Alemaña, Bélxica, Turquía, Arxentina, Kenia, Cuba, Rusia, etc.), foros (Instituto Cervantes de Berlín e Lisboa, The Graduate Center da Universidade de Nova York, diversas “Fnac”, TV Barcelona, TVG), e recolleuno prensa especializada (Cahiers du Cinema, Variety, etc.).
Becada pola EICTV da Habana e pola Xunta de Galicia. Colaboracións en cine (arte) “Los lunes al sol” de F.L. de Aranoa; “A los que aman” de Isabel Coixet; “Cuando vuelvas a mi lado” de Gracia Querejeta.
Proxectos seleccionados en diversos eidos: artístico-educativo (CMCV, València), escultura pública (Plan Leader CEE, Consorcio Zona Franca, Vigo), Cultural (Cultsurfing, Barcelona).
Publicacións: Investigación artística (UPV), colaboracións en prensa (A peneira, Sermos), libro-disco (Paideia).
Impartiu Arte e Tecnoloxía (IEL, Lisboa), Deseño de Interiores (Escuela Superior de Diseño, Orihuela, talleres e “Master Class” (UPV de València, Universidade de Santiago e de Vigo, CGAI, Fund. Carlos Casares, Fund. Caixa Nova, Escola Gavina, Universitat Popular, València, Centre Octubre de Cultura Contemporánea, València, etc.).