As bombas e o xeneral

Domingo, 02 Xullo 2023 20:30
Praza do Costal
  • Compañía: Tanxarina
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Tanxarina
  • Autoría: Tanxarina
  • Destinado a: Público familiar
  • Presentación: 2016
  • Duración: 40'

A Compañía

A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983 . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. Adícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores.

Sinopse

"As bombas e o xeneral” é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.

Ficha artística

  • Elenco: Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez.
  • Construción de marionetas e escenografía: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA.
  • Adaptación e Dirección: Cándido Pazó
  • Música: Paco Barreiro
  • Efectos de son: Manuel Pombal
  • Atrezo e vestiario de actores: Carlos Alonso e Concha González
  • Deseño do cartel e programas: Pablo Giráldez “Pastor“
  • Produción: TANXARINA

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.