EL MONO HABITADO é un ser que pensa, sente e actúa, axitado por contar, primitivo e lúcido ao tempo. Esta especie antropomorfa aprendeu a utilizar algunhas ferramentas como o humor, a metáfora, o absurdo e a representación simbólica da realidade. Os nosos espectáculos encadran a acción dramática nunha realidade insólita, case que no delirio. A partir de aquí desenvolvemos situacións cómicas e surrealistas ás que engadimos unha mirada crítica e aceda sobre a nosa especie e sobre a nosa sociedade e cunhas pinceladas de poesía.
Unha pomba que fala métese na casa dunha parella de "osos" cunha mensaxe moi especial: un novo mesías vai chegar, así que foron elixidos para ser seus pais. Entre designios, milagres e embarazos psicolóxicos os personaxes debaten sobre un novo modelo de sociedade e outros modos de vivir o amor e a familia.