Patricia Arroyo e Vera González crean a compañía Cazando Gamusinos en 2018 co obxectivo de producir espectáculos de rúa e sala, para todos os públicos. Espectáculos que utilicen o teatro de figuras como linguaxe principal e que poidan conquistar outros espazos non escénicos. As dúas creadoras contan cunha longa traxectoria profesional en compañías como: La Société de la Mouffette, Lucas Escobedo, Tropos Teatro, Coma14, Lafauna, etc...
Tomasa rexenta dende hai máis de 40 anos un posto no mercado de abastos da súa cidade. Últimamente o xénero empezoulle a falar e agora escoita as conversas absurdas dos peixes, a pataca queixase porque está de oferta e a pera chora desconsolada a súa soidade. Hai un tempo que busca a súa perfecta sucesora porque tomou a decisión de cumprir o seu soño de xuventude, traballar nun circo como funambula; e quizais esa persoa está máis preto do que parece.