Canchal 11. Sobre Ensalle, Juan Navarro y Terrorismo de autor

Sábado, 06 Xullo 2024 20:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía: Ensalle · Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Ensalle en colaboración con Juan Navarro & Terrorismo de autor
  • Autoría: Pedro Fresneda
  • Destinado a: Adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2024
  • Duración: 70'

A Compañía

Colectivo de creación e investigación escénica contemporánea (Madrid, 1996) con sede en Vigo desde 2003, Ensalle é a suma dos creadores Raquel Hernández, Pedro Fresneda e Artús Rei e do seu percorrido conxunto desde 2005. As súas creacións próximas ao experimental, son o resultado dun traballo en continuidade levando á escena propostas híbridas que mesturan linguaxes cun contido socio-político-vital e en colaboración con outras e outros creadores. Con 26 producións na súa traxectoria, presentaron os seus traballos en España, Colombia, México, Chile, Arxentina, Uruguai e Portugal.

Sinopse

Un espazo mutante intervido polo colectivo de creación escénica Ensalle, Juan Navarro e Terrorismo de Autor. O traballo arguméntase a través dun -falso catálogo de asuntos- como reacción á homoxeneidade temática das sociedades contemporáneas. Do mesmo xeito adquire relevancia o feito de que cada momento escénico sexa, valéndose do mesmo texto, unha peza distinta, pretendendo eludir o momento industrial polo que atravesan as artes vivas. Evitando o produto.

Ficha artística

  • Autor: Pedro Fresneda
  • Con: Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda, Juan Navarro e Terrorismo de autor
  • Iluminación: Pedro Fresneda e Jaume Blai Beneito
  • Espazo sonoro: Juan Navarro e Pedro Fresneda
  • Produción executiva: Jorge Rúa
  • Produción en xira e distribución: María Costa
  • Coaching: Ultharino Fuentes
  • Fotografía: Elena Vázquez, María Costa
  • Unha produción de Ensalle Coproduce MITCFC (Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas)

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.