Ameba Teatre somos unha compañía arxentino-valenciana especializada en teatro de rúa. O clown é o noso medio vital de expresión. Desfrutamos do xogo, a excentricidade, a tolemia e a poesía. Estas son as ferramentas que nos permiten perpetuar absurdos profesionais desde 2017.
Un ser solitario insiste na súa rutina a pesar das bombas que a diario resoan nun horizonte preto do lonxe da súa casa. Para seguir adiante, as mellores armas serán a fantasía, o xogo e a bobada, o mellor aliado: o público.
Espectáculo de rúa sen texto para todos os públicos plasmado de tenrura, humor, traxedia, poesía, absurdo e esperanza.