Creada en maio de 2005, Producciones Come y Calla centra a súa actividade na produción e distribución de producións, propias e alleas. Tamén está especializada na organización de eventos, no deseño de stands, etc.
“Contracciones” explora a invasión crecente das grandes compañías na intimidade dos seus empregados/as. Con hábil precisión móstrase a unha muller nun cargo de poder que entrevista a Emma, da sección de vendas, acerca da súa vida amorosa. Ao principio, hai algo cómico na definición legalista da empresa do que constitúe unha relación romántica ou sexual. Mais isto convértese en lascivia mórbida cando a xerente esixe detalles íntimos da aventura de Emma cun colega, Darren. As campás de alarma soan cando a relación se alonga de máis. O embarazo de Emma conduce á separación forzada de Darren e a manipulación desapiadada de todos os aspectos da súa existencia. A través de Emma amósase como a actitude desafiante diante da inxerencia corporativa da paso, gradualmente, ao cumprimento voluntario por parte das empregadas/os e como estes permiten, cada vez máis, que as empresas se apropien deles en corpo e alma.
Dramaturxia: Mike Bartlett Versión: Jorge Kent Dirección: Israel Solà Intérpretes: Candela Peña e Pilar Castro Deseño de Vestiario e confección: Carmen17 Deseño de Escenografía: Bibiana Puigdefàbregas Deseño de Iluminación: Rodrigo Ortega Creación Musical: Guillem Rodríguez Axte. dirección: Juanfran García Axte. vestiario: Carmela Bautista Axte. escenografía: Elisabet Rovira Vídeo: David González Saxofón: Lucia Ramella Xefa de Prensa: Nieves Peñuelas Deseño de Produción: Eva Paniagua Xefe de produción: Juanfran García Produción: Producciones Come y Calla Agradecementos: Chie Mihara (calzado), Andrés Gallardo (bolso), MAM (xoias), Safilo (gafas), Minueto (pantalóns Emma)