POR QUE?
Cómpre ter unha posición clara e continuada na transformación cara a igualdade nas artes escénicas, é por iso que Escena Galega promove no 2022, ano do seu XX aniversario, o desenvolvemento deste protocolo, pioneiro no conxunto do Estado e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade, como ferramenta para traballar pola erradicación de este tipo violencias no noso sector.
QUE É ESTA FERRAMENTA?
- Permite previr, identificar e sancionar condutas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo nas artes escénicas.
- Facilita a denuncia de condutas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo nas artes escénicas.
- De aplicación para todas as compañías que formen parte de Escena Galega.
- Obrigatorio para a implantación de Plans de Igualdade no futuro.
PARA QUE SERVIRÁ?
- Sensibilizar ás compañías en materia de Igualdade.
- Previr conductas constitutivas de acoso sexual ou por razón de sexo
- Xestionar queixas/denuncias de acoso sexual ou por razón de sexo
- Avaliar cuantitativa e cualitativamente os resultados
- Avanzar na consecución dunhas artes escénicas libres de violencias machistas.