El Avaro de Molière

Venres, 30 Xuño 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Compañía: Atalaya
  • Procedencia: Andalucía
  • Dirección: Ricardo Iniesta
  • Autoría: Molière. Adaptación de Ricardo Ineista
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2022
  • Duración: 110'

  • Premios Escenarios de Sevilla:  Mellor Actriz (Silvia Garzón) ; Mellor Espectáculo; Mellor Dirección (Ricardo Iniesta); Mellor Vestiario (Carmen de Giles e FLores de Giles).
  • 10 nomeamentos Premios Lorca do Teatro Andaluz.

A Compañía

Atalaya converteuse nunha das compañías españolas máis prestixiosas e referente do teatro de investigación. Así o sinalan os críticos más relevantes e así o sinalou o xurado que lle concedeu o Premio Nacional de Teatro 2008 “pola creación dun espazo orixinal de exhibición, produción, formación e reflexión teatral, resultado dunha longa traxectoria profesional”. Hoxe en día é a compañía teatral máis valorada polos baremos do INAEM do Ministerio de Cultura.
Ao longo dos seus 40 anos de traxectoria, percorreu máis de 600 teatros de 50 países.

Sinopse

“O Avaro” é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. Este vello vive agoirado por un medo obsesivo: que lle rouben o baúl onde oculta o seu tesouro. Desconfía de todos, incluso dos seus fillos...  A trama sucede en París. Oss nomes orixinarios en francés mudaron en algúns dos personaxes. Leonor, filla do avaro, está namorada de Froilán, un mozo ao servizo do seu pai como encargado, e Cleanto, fillo de Harpagón, quere casar con Belisa, unha moza que vive coa súa nai e están a punto de ser desafiuzadas... polo propio avaro.  
A obra amosa o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano, onde se leva alo extremo os problemas xerados polo diñeiro e o poder, o que resulta, lamentablemente, de notable actualidade. Ao tempo percíbese o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo.

Ficha artística

  • Harpagón: Carmen Gallardo
  • Cleanto e Comisario: Selu Fernández
  • Leonor: María Sanz
  • Froilán, Merluzo e Juez: Enmanuel García
  • Belisa e Lubina: Garazi Aldasoro
  • Cayetana: Silvia Garzón
  • Mariano e Cristóbal: Raúl Vera
  • Flecha e Filomena: Lidia Mauduit

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.