EnreDanzas

Martes, 04 Xullo 2023 20:00
Adro do Hío
  • Compañía: Mus-e-Duca Compañía Educativa
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 90-120’

Proxecto de música e danza impulsado polos colexios de Cangas, CEIP Nazaret, A Rúa, Castrillón, San Roque, Espiñeira, O Hío, CPR Sagrada Familia, Compañía de María, IES Monte Carrasco e Eduardo Pondal, xunto á Escola de Música e o Conservatorio Municipal de Cangas, onde se prepararon as músicas involucrando ao alumnado dos diferentes instrumentos. As danzas preparounas o profesorado de música dos centros educativos que, baixo a tutela do mestre Suso Cancelas, aprenderon o que despois ían ter que transmitir.
A semente prendeu nas persoas cando, na Escola de Música e o Conservatorio, parte do profesorado colaborou no concerto de fin de curso 2021-22, unidos nun programa de música tradicional e grazas á confluencia co alumnado adulto, mestres e mestras que asisten a clase de instrumento, porque o saber nin ten idade, nin ocupa lugar.
A semente da danza prendeu no ser humano dende o principio dos tempos para celebrar, conxurar, ofrecer. Pero na danza e na música existe unha parte técnica que debe convivir coas musas. Segmentar o tempo e estruturalo para unha aprendizaxe comporta unha rixidez que non axuda. Mover estruturas non é doado pero con ilusión todo é posible. Compre crer no que se fai.

Sinopse

EnreDanzas ou deixarse enredar ca danza.  A primeira acepción de “enredar” do Dicionario da Real Academia Galega é “envolver unha ou varias cousas de maneira desordenada, formando un enredo difícil de desfacer”, a cuarta é “perder o tempo” e a sexta “facer cousas que serven de diversión ou entretemento”. No caso que nos ocupa o enredo foise ordenando coa intención de manter a dificultade para desfacelo. Haberá quen pense que danzar é perder o tempo, unha actividade economicamente improdutiva. Mais, nestes tempos, onde o individual está a gañar o pulso ao colectivo, EnreDanzas deixa un berro contra o “divide e vencerás”, a prol da cooperación e da axuda mutua.

Soa a música, a xente no torrado xúntase por grupos e parellas, os teus pasos acórdanse cos meus. Collémonos do brazo, das mans. Unha volta polo medio e outra polo arredor. Cambio de parella, riqueza na comunicación. Como ben di o compañeiro Ze Pumar: bailar un “agharrado” ben puidera ser hoxe un acto revolucionario.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.