Entrega en man: Unha comedia denegrida

Domingo, 25 Xuño 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Compañía: Contraproducións en coprodución coa MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Cándido Pazó
  • Autoría: Martin McDonagh
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2023
  • Duración: 80'

A Compañía

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción. Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Sinopse

Un cuarto ruín nun hotel cutre dunha anónima vila americana. Un tipo estraño ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto cruel e humillante, lle cortaron hai 27 anos e que, desde entón, busca teimosamente. Un rapaz negro e a súa moza branca quéreno enganar ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O peculiar recepcionista do hotel entremétese en tan insólita transacción e... Desátase unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumegan temas como o racismo, o machismo ou a xenofobia.

Ficha artística

  • Evaristo Calvo como Carmichael
  • Santi Romay como Marvyn
  • María Roja como Marilyn
  • Diogo Sales como Toby
  • Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Vestiario: Belén Pichel
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música: Guillerme Fernández
  • Autor: Martin McDonagh
  • Versión galega: Cándido Pazó
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección de escena: Cándido Pazó

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.