A Cía Bucanero é creada polos actores Xosé Bonome e Pedro Picos no ano 2001 e estréase coa montaxe "Jánsel e Ponsel", de José Luís Prieto. Producen 12 espectáculos ó longo destes anos e xiran por múltiples teatros, espazos escénicos e festiváis tanto dentro como fóra de Galicia. Cabe destacar os espectáculos: "Por un Millón de Dólares" ou "Os Amos do Mundo", ambos dirixidos por Lino Braxe. No seu percorrido teatral tamén foron dirixidos por Santi Prego, Xavier Deive e na actualidade por Rebeca Montero. Manarte Producciones fúndase no ano 2015 pola actriz Sabela Hermida en colaboración coa Cía Teatro Proscrito, de Lino Braxe, inaugurándose cun texto escrito e dirixido polo autor, "Manar. A Derradeira Caravana". A partir deste momento levan a cabo varias montaxes teatráis e tamén realizan lecturas dramatizadas coa Fundación Luís Seoane. Coproduce coa Cía Bucanero os seus tres últimos espectáculos e é entidade organizadora habitual de actividades culturáis, artísticas e de formación destinadas a público escolar. Dende 2016 colabora co Festival Audiovisual Escolar Olloboi, co que coproduce o documental "Cadernas de Olloboi", dentro das actividades dos Fondos Xacobeo 2021.
O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións... As tripas da televisión, os tópicos patrios mais absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin. Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país pero si europea) como anfitriona. Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase polo tanto en país? Estamos preparados para o grande show? Onde reside a alma da patria? Algunhas preguntas e risa asegurada. Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan... Eurovisión: o show.