Gurrucho especial 40 MITCFC

Xoves, 22 Xuño 2023 21:00
Podcast
  • Compañía: Gurrucho de Vozcast
  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Podcasts. Charlas e coloquios
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 2h

Somos un podcast en galego que levamos dende 2016 publicando contido na rede. Os temas que tratamos son de ocio e cultura, incluídos cinema, literatura, banda deseñada, teatro, xogos de mesa e rol e un longo etcétera. Adoitamos reflexionar sobre o obxecto de cada programa para ao final do mesmo preguntarnos se en Galicia temos algo semellante ou se podería facer algo semellante. Somos tres persoas como núcleo duro, Héctor, Fran e Fin, con varios colaboradores fixos discontinuos, Jani, Paco, ou Manho, e algunha estrela invitada de cando en vez.

Falaremos da Mostra de Teatro de Cangas, comezando por unha breve reseña histórica que nos dará paso a un debate acerca das nosas impresións sobre este evento, xa que varios de nós temos ou tivemos relación con el, e podemos ofrecer un punto de vista diferente. Tamén contaremos coa presenza dalgún membro da directiva da mostra para poder ofrecer información xugosa. Por último falaremos das nosas impresións acerca das obras deste ano, así como de outros anos, esas obras que por unha razón ou outras quedaron impresas na nosa memoria. E para rematar faremos a quiniela de quen levará o premio do público, e gravaremos impresións dos esoectadores à saída das funcións que emitiremos neste momento final do programa.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.