Dúas grandes artistas galegas como Sue Moreno e María Move crean SU.MA para abordar os seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante). Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador. Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende de nós o que facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se transforme nunha agradable aventura Que che impulsa a seguir, a erguerte cada día coma se fose novo? Que fai que se esperten os teus sorrisos? Cal é Ikigai?