Fundada en 1979. Nestes anos realizou 57 producións e numerosas xiras nacionais e internacionais por 23 países, participando nun centenar de festivais nacionais, europeos e americanos, traxectoria que se recolle na plataforma dixital archivo.guirigai.com, presentada ao público en 2019 e que xa forma parte do Centro de Documentación do INAEM. Guirigai é fiel á tradición de cómicos e ás compañías europeas dende a súa sede en Los Santos de Maimona (Badajoz), onde en 2006 abre ao público a Sala Guirigai, espazo de dinamización cultural de artes escénicas.
Chega a Comparsa do Arcipreste celebrando a procesión da Virxe e a fertilidade da terra. Xograresas e xograres anuncian os praceres do Bo Amor e o bo humor tan necesarios para as artes da sedución. Diante do público representan a xuventude inexperta do Arcipreste namorado de cristiás, moras e xudeas; os alegres consellos de don Amor e dona Venus; as historias dos amantes preguiceiros; a historia de Pitas Payas; os amores de don Melón e dona Endrina; a astucia de Trotaconventos; o combate entre don Carnal e dona Cuaresma… A Comparsa despídese ata a romaría seguinte celebrando a Morte Alegre de Trotaconventos. Unha versión coral do Libro do Arcipreste de Hita. Unha comedia de Agustín Iglesias para celebrar a vida.