A Compañía L’Alakran suscita en escena emocións radicais, creando espectáculos lúdicos, filosóficos e sempre poéticos. O contexto político, no sentido de actitude critica, é inherente ao proxecto artístico; para interrogarse sobre a relación entre o individuo e a colectividade, sin querer dar respostas nin fixar a palabra unha ideoloxía. L’Alakran é compañia concertada coa Ciudade de Xenebra, a República e o Cantón de Xenebra e la Fundación Arc en Scènes (2019-2021). Oscar Gómez Mata é artista asociado a Azkuna Zentroa Alhóndiga de Bilbao (2019-2022).
Makers é unha obra sobre a luz, o tempo e o amor, viaxando entre o desbordamento cómico e a contención emocional, entre o disparate e a verdade. Un espectáculo que mestura o poético e o filosófico, nunha especie de manual para sobreviventes que trata de achegar solucións ao noso tránsito na realidade. A peza nace da función esencial dos ‘makers’: investigar para facer a luz. ”Somos detectives, tratamos de buscar o sensible baixo o sensible, atopar unha solución poética á realidade”, explica o artista asociado a Azkuna Zentroa. O resultado é unha posta en escena na que este “dúo cómico” aborda temas clásicos como o amor, o tempo e a luz, mesturado con humor emotivo. Dannos así outro punto de vista sobre lo cotiá desta época fraxilizada, de contornos borrosos e incertos. Na súa proposta escénica diferencian o seu lado máis épico, no que o teatro é ” un xeito de espionaxe, de investigación para vixiar o mundo“, e a parte máis íntima “tratando de detectar o sensible agochado baixo o sensible”. Un espectáculo na liña dos traballos da compañía L’Alakran, dirixida por Óscar Gómez Mata.
Premio Nacional de Teatro de Suiza 2018