O Colectivo #ChamizoBelloVila está formado por Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila. Logo de ter compartido diversas experiencias profesionais, deciden agruparse para traballar xuntas en relación a temáticas queer e LGTBIQ+. Desenvolvendo, así, un traballo artístico dende os límites e a disidencia. O seu Colectivo busca tecer redes con outros artistas e desenvolver proxectos propios no terreo das artes vivas para crear conxuntamente en prol da diversidade e a conciencia social. Porque ser diferentes é ser existentes.
"Chamáronme maricón dende antes de saber o que significaba”
Alberte Bello, percorre o corredor da vergoña, envolto en fraxilidade. Mentres os discursos de odio contra o colectivo LGTBIQ+ resoan na súa cabeza. En “Menú do Día”, o Colectivo #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e disidencia, escuridade e luz, tristura e aceptación. A primeira creación deste colectivo de artistas transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+. Xuntos, tentan amosar unha nova realidade posible, dende a disidencia e o activismo, capaz de romper a norma e creando unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real. "MENÚ DO DIA" xorde para sandar as feridas provocadas en Alberte Bello, artista principal, tras recibir unha malleira o mes de outubro do pasado ano 2021 en Vigo.
Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra
Tel.: +34 986 30 41 08
https://www.mostrateatrocangas.gal
Descargar información como: vCard