MENU-DO DÍA

Venres, 07 Xullo 2023 20:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía: Colectivo #ChamizoBelloVila en coprodución coa 40 MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Alberte Bello, Diego Chamizo
  • Autoría: J. Alberto R. Bello, Diego Chamizo
  • Destinado a: Adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2023
  • Duración: 55'

A Compañía

O Colectivo #ChamizoBelloVila, está formado por Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila. Logo de ter compartido diversas experiencias profesionais, deciden agruparse para traballar de maneira conxunta. Traballan dende unha mesma visión do mundo, coa idea de tecer redes con outros artistas, desenvolver proxectos propios no terreo das artes vivas e crear en prol da diversidade e a conciencia social a través de novas linguaxes de creación contemporáneas.

Sinopse

Menu-do Día, transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+, é a primeira creación deste colectivo de artistas e nace dun traballo en proceso, que foi medrando a medida que o foron amosando en diferentes festivais. En Menu-do Día serve un corpo queer en escena, sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes. Un corpo que se converte nun crash-dummy, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches, pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e dos discursos de odio provocados polas políticas dictadas por partidos extremistas. En “Menu-do día”, o Colectivo #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e disidencia, escuridade e luz, tristeza e aceptación, para revelarse dende a resiliencia nunha festa pola diversidade. Menu-do Dia, amosa novas realidades, dende a disidencia e o activismo, capaces de romper a norma e crear unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva, máis real.

Ficha artística

  • Dirección: Alberte Bello e Diego Chamizo
  • Performer: Alberte Bello
  • Espazo Sonoro: Colectivo #ChamizoBelloVila
  • Espazo Escénico: Alberte Bello
  • Figurinos e Vestiario: Alberte Bello e David Vila
  • Iluminación: Noa Iriarte
  • Textos: Alberte Bello, Diego Chamizo
  • Técnicos Audiovisuais: David Vila e Diego Chamizo
  • Fotografías: David Vila, Mario Herradón, Estudio Prolight
  • Vídeo: Carlos Babío
  • Teaser: David Vila e AlberteBello

Destaques

Mellor Espectáculo, no Metro Cadrado. 31 FIOT, Festival Internacional Outono de Teatro - Carballo Premio do Público, 67ºGraos -Fervéscenica. XV FITO, Festival Internacional de Teatro de Ourense

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.