Montagem

Xoves, 06 Xullo 2023 20:30 | Venres, 07 Xullo 2023 20:30
Praza do Costal | O Hío
  • Compañía: Assircópatas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Dani Blanco e Jesús Graña
  • Autoría: Dani Blanco e Jesús Graña
  • Destinado a: Público familiar
  • Presentación: 2006
  • Duración: 50'

A Compañía

circo (lat. circu(m), id:) s.m. 4. fig. Situación confusa e desordenada. psicópata (de psico- + -patía) s. 2. Persoa cun comportamento en desacordo coas normas sociais admitidas como normais para a idade, sexo, época, etc, á que pertence. asSircópatas leva na rúa dende 2003. Medra sen presa e sen pausa. Atopa na rúa e no circo o espacio e a ferramenta para partillar algo que é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflictos, as solucións... Sempre coa teima de facelo dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo..

Sinopse

Montagem é unha montaxe que é unha montaxe. Unha traxicomedia na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao circo. Unha historia contada sen palabras, na que dous extremos terán que achegarse e sumarse, para exprimir as súas habilidades, malabarismos e comicidades ata a última pinga. Montagem é un xeito creativo de enfrontarse á incomunicación. Malabares, clown, teatro físico como ferramentas sempre a disposición de contar unha historia dun conflicto para mirar e facernos pensar d como funcionan as couas neste mundo.

Ficha artística

Elenco: Jesús Graña e Dani Blanco Dirección: Dani Blanco e Jesús graña Vestiario: María Dobronich Entrenamento físico: Gorka Ganso

Destaques

Segundo premio no Milan clown festival do 2019

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.