Murmurios cuánticos

Mércores, 28 Xuño 2023 20:30
Capela do Hospital
  • Compañía: Cinema Sticado
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Helena Varela
  • Autoría: Helena Varela
  • Tipo: Performance
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2022
  • Duración: 20'

A Compañía

Colectivo galego formado por Xosel Díez (Artista audiovisual e Enxeñeiro) e Helena Varela (Actriz, distribuidora e produtora).

Dende o ano 2015 emprenden un camiño de investigación arredor das artes visuais e teatrais. O colectivo combina tecnoloxía punteira cun acabado artesanal propio onde os obxectos, títeres e formas animadas cobran vida a través dun dispositivo escénico e humano que marca súa maneira de facer. Murmurios cuánticos é unha peza de 20 minutos que afonda na esencia das cousas complexas.

Sinopse

Aproveitar o corpo para mudar a voz, para mudar a pel. Crebar a palabra. Mmmmmm son. Gozar. A microscopía da palabra como goce para construir o verdadeiro. O primeiro murmurio. Murmurios Cuánticos é unha peza de 20 minutos que emprega o microscópico da pel para construir unha linguaxe propia do noso universo feminino.

Ficha artística

  • Autoría, dirección e escenografía: Helena Varela.
  • Elenco artístico: Helena Varela.
  • Deseño de son e música: Xosel Díez.
  • Vestiario: Atenea García.
  • Agradecementos: Noemi Rodríguez e Helen Bertels.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.