O Navegante, unha viaxe a bordo da Sala Nasa

Sábado, 01 Xullo 2023 13:00
Capela do Hospital
  • Compañía: Chévere Producións
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Tristán Ron
  • Tipo: Presentación
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 50’

A sala Nasa foi un espazo creado por Chévere, construído coa suma de moitas voces e sensibilidades, que desbordou o ámbito artístico e cultural para fundar unha especie de praza aberta e autónoma nun arrabaldo de Santiago de Compostela. Trinta anos despois da súa apertura en 1992, O Navegante achégase ás historias que se cruzaron na Nasa, contadas desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes, un neno que se chama TristánRon. Algo que inevitablemente leva a historia a outra dimensión, transformando un relato autobiográfico nunha aventura de iniciación chea de elementos fantásticos.

Trátase dunha charla-coloquio para presentar a novela gráfica "O Navegante", escrita e debuxada por Tristán Ron. Durante a presentación, o autor mostrará o proceso de creación analizando a investigación previa, a elaboración do guión e os primeiros estudos de personaxe, perspectiva e composición, o storyboard, o debuxo a lapis e o entintado final. A presentación acompáñase de proxeccións. Ao rematar, proponse abrir un coloquio coas persoas asistentes, no que tamén participarán Patricia de Lorenzo e Xesús Ron.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.