Pedras de Cartón nace na Coruña, pero cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de teatro clásico que podan chegar ao maior número de públicos posible. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro. Co primeiro espectáculo, Lázaro de Tormes, consiguen a Mención Especial do Xurado no 43º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Pedras de Cartón aposta por adaptar os clásicos a novas linguaxes e estéticas.
Pedras de Cartón acomete o seu segundo clásico e a súa segunda obra abordando a novela máis importante da lingua española. Un fermoso e divertido Quixote cunha estética inspirada no pallaso clásico (de Fellini) e con achegamentos dende o clown. Afrontamos as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho