Compañía de Títeres galega, con 40 anos de traxectoria artística. Combinamos a manipulación de monecos con traballo actoral, música, obradoiros e animacións diversas. Sempre xogando, sempre divertindo.
O taller de construción e manipulación de sombras chinesas que imos impartir na Mostra de Teatro cómico Festivo de Cangas consta de tres partes fundamentais para a realización do mesmo. Por unha banda a parte creativa onde os alumnos e alumnas participantes crean un guión para ser representado. Por outro lado a parte manual de construcción do material necesario para a realización do guión elexido. Finalmente, a representación dos traballos seleccionados. O interés do teatro de sombras chinesas na dramaturxia actual é evidente, o alumno confecciona,deseña, recorta, adapta, manipula e escenifica unha historia. Esta historia comporta: fixación de personaxes, caracterización coa voz e o movemento, guión e distribuciónen varias escenas, elementos decorativos, música, texto, recitación, habilidademanual... por tanto o alumno adquire e desenvolveunha serie de capacidades talescomo a dramática, musical, literaria, imaxinativa, sentido crítico, xestualidade,estética, expresividade, aprendizaxe da língua(léxico e estrucurasgramaticais), narración, recitación... A nosa labor é orientar o traballo do obradoiro de sombras para tirar proveito de todas estas posibilidades que ofrece.