Circo Chosco créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación⋯ Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco! Ariñe Azkue realizou traballou con compañías como Zirko Oreka, Zirika Zirkus, Panpinpox... e foi profesora de Técnicas aéreas na mesma escola Oreka na que estudou. Óscar Páez formou parte de diferentes compañías de circo, como La Banda e Zirko Oreka, ademais de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas circenses. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.
Circo Chosco dirixidos por Artitza Rodríguez dan un tremendo paso adiante na súa linguaxe circense. Unha das mellores compañías novas do noso circo que se gradúa cun espectáculo adulto repleto de calidade e delicadeza. Un show con acrobacias, danza, movementos, equilibrios cunha posta en escena orixinal e diferente que non esquece o humor habitual da compañía.