En 1997 Chevi Muraday pon en pé a súa propia compañía de danza, Losdedae, coa intención de xerar movemento no ámbito da danza contemporánea en España. Desde entón, dirixiu máis de 40 pezas, como Return (2012), coa actriz Marta Etura; Cenizas o Dame una razón para no desintegrarme (2013); En el desierto (2014); Teresa, ora al alma; El cínico (2015) y Black apple y los párpados sellados (2016). Algunas delas fixeron tempada no Teatro Español de Madrid con gran éxito de crítica e público. En 2020 estrea o espectáculo, Juana, con Aitana Sánchez-Gijón. Actualmente está de xira con 2 espectáculos: Pas de Deux coa performer Miss Beige e “El Perdón” con Juana Acosta.
A danza e a performance danse a man nunha peza onde destaca o sinxelo baixo a grandiosidade de Tchaikovsky e xira arredor do “Centro Di Gravità Permanente” do gran Franco Battiato. No universo do retoque, ambos os dous artistas únense para facer unha peza onde non haxa ningún artificio só a súa presenza, as súas disciplinas e a comunicación que xorde entre ambas. O diálogo pono o espectador e as reflexións tamén, mais xa é hora de poñer ao espectador, se así o desexa, nunha situación que non saiba controlar desde a súa chegada ao teatro. O mirón tamén terá que xogar. Hai moitos xeitos de xogar e ser xogado e Pas de Deux pon ao espectador nunha posición de sorpresa sen escapatoria.