Pistacatro é a compañia e a productora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribue as súas propias produccións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras 16 anos dende a súa constitución, Pistacatro pretende continuar asentándose como a productora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural.
"Paxaros no cabo" é unha proposta multidisciplinar, onde a danza vertical convive coa música en directo e o audiovisual, así como con outras técnicas circenses, para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas propias casas e, emocionalmente, na separación e distancia doutras persoas. Pista Catro propón en "Paxaros no Cabo" unha reflexión sobre as fronteiras entre o "fóra" e o "dentro", creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa. Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.