Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Sábado, 01 Xullo 2023 20:30
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía: Chévere
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Xron
  • Autoría: Chévere
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2022
  • Duración: 55'

A Compañía

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter unha proposta de creación propia e un sólido posicionamiento social, político e cultural. En 2014 Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro. Usando o humor como filosofía, a risa como expresión e o pensamento crítico como ferramenta, as súas obras confrontan no escenario os debates do presente coa memoria dun pasado recente que nos afecta, documentándoo escénicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos.

Sinopse

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos seus personaxes. Ás veces ser actriz é actuar nunha historia que non é a túa, senón a historia que alguén quere contar a través de ti, mesmo a pesar de ti. As actrices, como tantas mulleres, actúamos como subalternas, representando personaxes alleos que normalmente reproducen os imaxinarios do poder. O traballo dunha actriz pódese converter tamén nun modelo de resistencia contra esa forma de actuar. Algo que pasa por tomar conciencia e tomar partido. Aprender a escoitar o que se oe entre as liñas dun guión. Autoafirmarse cando se rexeita esa lingua disfrazada de poder patriarcal. Comprometerse cando se acepta ser parte dunha historia e falar por ti mesma. Constituírse en mediadora sobre o escenario. Alguén que nos permite escoitar os silencios que se agochan en vidas que merecen ser contadas, como as de Fran (Testosterona), Sara (Citizen), Eva (Eroski Paraíso) ou Isaura (As Fillas Bravas).

Ficha artística

  • Idea e creación: Patricia de Lorenzo
  • En escena: Patricia de Lorenzo.
  • Dirección: Xron
  • Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
  • Luz e son: Borja Fernández
  • Produción: Chévere

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.