En 2019, Guillem Vizcaíno, cunha longa traxectoria como malabarista e manipulador de obxectos, crea a compañía D'es Tro coa inquietude de descubrir unha linguaxe propia e experimentar novas formas de posta en escena. Investiga na manipulación de novos materiais como a buxaina e atopa un xeito propio de facer e de actuar, con carácter e orixinal. Actualmente é campión mundial de estilo libre de manipulación de buxainas.
É a historia dun home rural atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida". Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxectivo deste espectáculo de carácter contemporáneo.