¿Qué es el agua?

Venres, 30 Xuño 2023 20:30
Areamilla e Praia da Congorza
  • Compañía: Compañía la Soledad coa colaboración da ETC e TROMENTELO.
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Marc Caellas & Esteban Feune de Colombi
  • Autoría: Marc Caellas & Esteban Feune de Colombi
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2022
  • Duración: 75'

A Compañía

A Compañía La Soledad foi creada en Bogotá en 2013 por Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi para desenvolver proxectos teatrais e de performance en espazos non convencionais. Marc Caellas (Barcelona,1974) é escritor, director de escena e comisario de proxectos culturais. Esteban Feune de Colombi (Buenos Aires, 1980) é poeta, actor, fotógrafo, editor e performer. Viven e traballan en distintas partes do mundo. En cada proxecto suman novas soidades para ser acompañados.

Sinopse

A agua como elemento vital. A mar como escenografía e como banda sonora, como espazo poético, tamén de tensión entre continentes; como espazo de libertade e de conflicto. A mar como parte (tamén vulnerable) do planeta. ¿Qué es el agua? é a primeira obra dunha tetraloxía que a Compañía La Soledad ten previsto facer sobre os cuatro elementos. A proposta ten unha dramaturxia poética, visual e actoral máis o menos estable, que se completa cunha mirada específica e traballo de campo en cada lugar onde se realiza, o que xera novos personaxes e fíos argumentais. O resultado, unha creación site-specific que non sabemos das sorpresas nos deparará no caso de Cangas. Neste proxecto, Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi traballan cunha bailarina franco-mexicana, unha cineasta mexicana e una produtora española, todas elas vinculadas xeográfica e sentimentalmente coa mar.

Ficha artística

  • Dirección e dramaturxia: Compañía La Soledad (Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi)
  • Coreografía acuática: Corinne Spitalier
  • Realización audiovisual: Muriel Escalera
  • Deseño sonoro: L. B. Cieza
  • Elenco: Marc Caellas, Esteban Feune de Colombi, Corinne Spitalier, xunto con persoas da comunidade local de Cangas do Morrazo.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.