O inicio da Compañía sitúase en 2010, cando viaxo á India para colaborar como Actriz e Pallasa no Proxecto da Fundación de Vicente Ferrer; é a partir de aí cando comezo a desenvolver proxectos propios (entre Barcelona, Valencia e Canarias) na procura de dar resposta ao impulso creativo e levando adiante creacións de diferente natureza, mais respondendo á mesma finalidade: a investigación e consolidación do meu xeito persoal de entender as Artes Escénicas en particular, o Teatro Físico e Creativo, e dentro deste, á vez, a Arte da Pallas@ e o meu propio discurso e/ou imaxinario como Pallasa. O nome de CAPRINA propiamente, que a designa na actualidade, instaurase en 2018 con motivo da determinación a crear, dirixir e interpretar o meu primeiro Unipersoal Solo Eva. Durante o 2021, e como froito do LAB ICC (un Laboratorio de Creación e Investigación Clown promovido pola Cia.) a compañía crea, dirixe e presenta V·A·R·I·È·T·È·T·A·S, un espectáculo en formato Cabaré en clave de Clown para adultos. O pasado mes de xaneiro de 2022, a Compañía pre-estrea o seu último espectáculo (creación realizada xunto ao Escultor Miguel Ángel Morales, @morartebcn) titulado (la) F R O N T E R A. Proxecto seleccionado e gañador da Beca de Creación e Investigación Teatral do Espazo Cultural El Secadero. Área de Cultura do concello de Los Llanos de Aridane- La Palma Novembro-Decembro 2021.
Esta Pallasa hoxe é Eva. Unha Eva Contemporánea de Carne e Osos; sen Pecado Orixinal e con Mazá Trincada; sen Adán e con Pío (o seu devezo de Liberdade). Esta Eva, amosaranos a súa cotiandade -que é tamén a de todas- para desde aí; nomear o inusual, renomearse e -xuntas- redescubrir o Paraíso.