Raquel Veganzones e Girisho Gordon formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria ten levado as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: estiveron de tour co circo británico Happy’s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres... Gordon chegou a participar no espectáculo de apertura das Olimpiadas Asiáticas en Qatar, e Veganzones levou o seu trapecio ata o Caribe ou a India.
Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!